De acordo co artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, poñemos no seu coñecemento que PORTO DEPORTIVO BAIONA, S.A., con NIF A-36896637 e domicilio en AVDA MONTERREAL S/N 36300 BAIONA é a encargada da xestión e funcionamento do sitio marina-baiona.com.

Se desexa contactar connosco pode facelo mediante correo postal ao enderezo arriba indicado ou ben a través do correo electrónico info@marina-baiona.com

O acceso ao noso dominio pode realizarse directamente ou a través de calquera redirección existente, sendo a Política de Privacidade aplicable esta mesma.

Política de Privacidade

Esta Política de Privacidade describe o modo no que tratamos os seus datos persoais (por ex. recollida, uso, comunicación, conservación e protección da súa información persoal) e proporciona información acerca dos seus dereitos como interesado.

PORTO DEPORTIVO BAIONA, S.A., (en diante O TITULAR) é o responsable do tratamento, así como da recollida, uso, comunicación, conservación e protección dos seus datos persoais, de acordo co Regulamento Xeral de Protección de Datos, regras e políticas internas ou calquera normativa nacional aplicable.

En cumprimento da Lei Orgánica 3/2018 do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais (LOPDGDD), así como o novo Regulamento Xeral (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016, por medio do presente documento, O TITULAR informa:

Identidade e datos de contacto do Responsable

A nosa información identificativa:

PORTO DEPORTIVO BAIONA, S.A.

Pode contactar connosco por:

  • Correo postal:

    AVDA MONTERREAL S/N, 36300 BAIONA PONTEVEDRA

  • E-mail: info@marina-baiona.com

  • Teléfono: +34 986 385 107
  • Páxina web: marina-baiona.com

Categorías de datos persoais

Tratamos as seguintes categorías de datos persoais:

  • Datos identificativos– nome e apelidos, DNI ou equivalente
  • Datos administrativos – Razón social, enderezo, datos bancarios e persoas de contacto
  • Datos de contacto– email, número de teléfono e enderezo.
  • Datos dixitais – cookies, enderezo IP, páxinas web e redes sociais e outros datos accesibles publicamente en Internet, etc.
  • Datos laborais – datos de empregados propios, currículo, estudos, experiencia profesional e saúde.
  • Datos empresariais –provedores e clientes.
  • Outros datos necesarios para o tratamento – para máis información sobre a categoría de datos persoais no desenvolvemento da nosa Actividade, pode consultar o noso Rexistro de Actividades, apartado “Categoría de Datos”.

Como recollemos os seus datos?

Recollemos información sobre vostede das seguintes fontes:

  • Ao comunicarnos ou interactuar con vostede por teléfono, e-mail ou mediante outro medio de contacto.
  • A través do formulario de Contacto na web.
  • A través do formulario de Solicitude de reserva de Amarre da web.
  • A través de ferramentas de control horario.
  • Cando visita as nosas instalacións.
  • Cando nos facilita un currículo ou documentación.

Para máis información sobre os diferentes mecanismos de recollida de datos no desenvolvemento da nosa Actividade, pode consultar o noso Rexistro de Actividades.

Canto tempo conservamos os seus datos?

Os datos serán conservados mentres exista unha relación comercial, contractual ou profesional co interesado e posteriormente durante os anos necesarios para cumprir coas obrigas legais correspondentes en cada caso. Sen prexuízo do anterior, conservaranse mentres sexan necesarios para o tratamento e o interesado / interesada non solicite a súa supresión.

No relativo aos datos de carácter laboral ou relacionados coa seguridade social, documentación ou os rexistros ou soportes informáticos nos que se transmitisen os correspondentes datos que acrediten o cumprimento das obrigas en materia de afiliación, altas, baixas ou variacións que, no seu caso, se producisen en relación con ditas materias, así como os documentos de cotización e os recibos xustificativos do pago de salarios e do pago delegado de prestacións, segundo o Artigo 21 do Real Decreto Lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre Infraccións e Sancións na Orde Social, a súa conservación será de 4 anos.

No relativo a Documentación contable e fiscal, a efectos fiscais, os libros de contabilidade e outros libros rexistros obrigatorios segundo a normativa tributaria que proceda (IRPF, IVE, IS, etc.), así como os soportes documentais que xustifiquen as anotacións rexistradas nos libros (incluídos os programas e arquivos informáticos e calquera outro xustificante que teña transcendencia fiscal), deben conservarse, polo menos, durante o período no que a Administración ten dereito a comprobar e investigar e en consecuencia, a liquidar débeda tributaria, segundo os Artigos do 66 ao 70 da Lei Xeral Tributaria, será de 4 anos.

No relativo a Documentación contable e fiscal, a efectos mercantís, libros, correspondencia, documentación e xustificantes concernentes ao seu negocio, debidamente ordenados a partir do último asento realizado nos libros, salvo o que se estableza por disposicións xerais ou especiais, esta obriga mercantil esténdese tanto aos libros obrigatorios (ingresos, gastos, bens de investimento e provisións), ademais da documentación e xustificantes nos que se soporten as anotacións rexistradas nos libros (facturas emitidas e recibidas, tickets, facturas rectificativas, documentos bancarios, etc.), segundo o Artigo 30 do Código de Comercio, será de 6 anos.

Os datos relativos aos controis horarios dos traballadores conservaranse, segundo establece o Real Decreto-lei 8/2019, do 8 de marzo, de medidas urxentes de protección social de loita contra a precariedade laboral na xornada de traballo, durante 4 anos.

Para máis información sobre a conservación dos datos no desenvolvemento da nosa Actividade, pode consultar o noso Rexistro de Actividades, apartado “Prazo de supresión”.

A quen cedemos os seus datos?

Dependendo da finalidade do tratamento, poderían cederse ou tratarse os seus datos persoais a distintas categorías de destinatarios:

  • Colaboradores ou Profesionais externos (Asesorías en materia Laboral e Fiscal, Mutua encargada da vixilancia da saúde, Empresa de Prevención de Riscos Laborais, …)
  • Administracións públicas (Tesouraría Xeral da Seguridade Social, ao Servizo Público de Emprego Estatal, ao Ministerio de Traballo, ao Ministerio de Facenda, á e ás entidades ou organismos que conceden axudas ou subvencións de interese para a empresa, que os utilizarán en exercicio lexítimo das súas competencias)

De todas as maneiras, cedemos os seus datos só na medida en que sexa estritamente necesario e na forma que se require para levar a cabo as finalidades descritas nesta política de privacidade e unicamente a entidades coas que asinamos acordos protexendo os seus dereitos e liberdades en relación cos seus datos persoais, estas entidades e/ou profesionais considerados como Encargados do Tratamento rexeranse polo disposto no Art. 28 do RXPD e esta entidade encárgase de que tomen todas as medidas de seguridade necesarias de conformidade co Art. 32 do presente RXPD.

Para máis información sobre a cesión a terceiros dos datos no desenvolvemento da nosa Actividade, pode consultar o noso Rexistro de Actividades, apartado “Categoría de Destinatarios”.

Onde tratamos os seus datos?

Co fin de levar a cabo a nosa actividade, a prestación dos nosos servizos, tratamos os seus datos persoais de acordo coas condicións establecidas nesta política de privacidade dentro da Unión Europea (UE).

Para máis información sobre onde tratamos os datos no desenvolvemento da nosa Actividade, pode consultar o noso Rexistro de Actividades, apartado “Transferencia Internacional”.

Con que finalidades tratamos os seus datos?

Os seus datos recadaranse para as operacións de tratamento relevantes para as seguintes finalidades:

  • Recibir información de contacto ou outras solicitudes realizadas por vostede a través de calquera dos nosos canles de comunicación.
  • Tarefas administrativas derivadas da prestación dos nosos servizos.
  • Comunicación de tarifas ou reservas de amarres.
  • Responder a dúbidas sobre algún dos nosos servizos.

Para máis información sobre as finalidades do tratamento dos datos no desenvolvemento da nosa Actividade, pode consultar o noso Rexistro de Actividades, apartado “Fins do Tratamento”.

Poderá retirar o seu consentimento en calquera momento de forma gratuíta exercendo os seus dereitos, dirixindo a súa solicitude por escrito e debidamente identificado mediante algún documento acreditativo, ao noso enderezo SAVDA MONTERREAL S/N, 36300 BAIONA PONTEVEDRA ou por correo electrónico ao enderezo info@marina-baiona.com. Para unha información máis detallada sobre o exercicio dos seus dereitos, pode consultar o noso Rexistro de Actividades, apartado “Exercicio dos Dereitos”

Por que podemos tratar os seus datos?

O uso dos seus datos nas condicións anteriormente descritas está permitido pola normativa de protección de datos europea e española de conformidade coas seguintes bases xurídicas:

Art.6. RXPD

  • O interesado deu o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais para un ou varios fins específicos
  • O tratamento é necesario para a execución dun contrato no que o interesado é parte ou para a aplicación a petición deste de medidas precontractuais
  • O tratamento é necesario para o cumprimento dunha obriga legal aplicable ao responsable do tratamento

Para máis información sobre a base xurídica do tratamento dos datos no desenvolvemento da nosa Actividade, pode consultar o noso Rexistro de Actividades, apartado “Lexitimación do tratamento”.

Que e cales son os seus dereitos?

A normativa de protección de datos permite que poida exercer ante o Responsable do tratamento os seus dereitos de acceso, rectificación, oposición, supresión (“dereito ao esquecemento”), limitación do tratamento, portabilidade e a non ser obxecto de decisións individualizadas

Calquera interesado-a ten o Dereito a que se lle facilite ANTES de que os seus datos sexan recollidos, dunha información básica nun primeiro nivel, de forma resumida, no mesmo momento e no mesmo medio no que se recollan os seus datos persoais e por outra parte, que se lle remita o resto das información, nun medio máis adecuado para a súa presentación e comprensión.

A información a facilitar por capas ou niveis sería a seguinte:

Información 1ª Capa

  • A identidade do Responsable do Tratamento.
  • Que datos serán tratados.
  • Con que finalidade.
  • Onde e como foron obtidos.
  • A base xurídica do tratamento.
  • Se se comunicarán, cederán ou serán tratados por terceiros.
  • A referencia ao procedemento de Exercicio dos Dereitos.

Información 2ª Capa

  • Datos de contacto do responsable. Identidade e datos do representante (se existise). Datos de contacto do delegado de protección de datos (se existise).
  • Descrición ampliada dos fins do tratamento. Prazos ou criterios de conservación dos datos. Decisións automatizadas, perfís e lóxica aplicada.
  • Detalle da base xurídica do tratamento, nos casos de obriga legal, interese público ou interese lexítimo. Obriga ou non de facilitar datos e consecuencias de non facelo.
  • Destinatarios ou categorías de destinatarios. Decisións de adecuación, garantías, normas corporativas vinculantes ou situacións específicas aplicables.
  • Como exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidade dos datos, e a limitación ou oposición ao seu tratamento.
  • Dereito a retirar o consentimento prestado.
  • Dereito a reclamar ante a Autoridade de Control.

(O seguinte cadro indica cales son os seus dereitos).

Dereito de accesoPara coñecer que datos seus están sendo tratados, con que finalidade se tratan, onde conseguiron os datos e se os van comunicar ou os comunicaron a alguén
Dereito de rectificaciónPara modificar aqueles datos seus inexactos ou incompletos
Dereito de cancelaciónPara cancelar os seus datos inadecuados ou excesivos
Dereito de oposiciónPara evitar que se traten os seus datos ou que deixen de tratarse aínda que só nos supostos que establece a lei
Dereito de limitación do tratamentoPara solicitar que se suspenda o tratamento de datos nos supostos que establece a lei.
Dereito á portabilidade dos datos Para poder recibir os seus datos facilitados nun formato electrónico estruturado, de uso habitual e poder transmitilos a outro Responsable.
Dereito a non ser obxecto de decisións individualizadasCo fin de que non se tome unha decisión sobre vostede que produza efectos xurídicos ou lle afecte baseada só no tratamento dos seus datos.

Estes dereitos caracterízanse polo seguinte:

  • O seu exercicio é gratuíto.
  • Pode exercitar os dereitos directamente ou por medio dalgún representante legal.
  • Se a solicitude se presenta por medios electrónicos, a información facilitarase por estes medios cando sexa posible, salvo que o interesado solicite que sexa doutro modo.
  • Antes de exercer os seus dereitos, debemos identificalo para protexer os seus datos persoais contra intentos fraudulentos.
  • A súa solicitude será resolto no prazo dun mes.

Se as solicitudes son manifestamente infundadas ou excesivas (p. ex., carácter repetitivo) o responsable poderá:

  • O responsable está obrigado a informalo sobre os medios para exercitar estes dereitos. Estes medios deben ser accesibles e non se pode denegar este dereito polo só motivo de que opte por outro medio.
  • Se o responsable non dá curso á solicitude, informará e a máis tardar nun mes, das razóns da súa non actuación e a posibilidade de reclamar ante unha Autoridade de Control.

Se desexa exercer calquera dos dereitos descritos, pode poñerse en contacto connosco a través do noso Responsable Interno de Protección de Datos:

  • Por enderezo postal:

PORTO DEPORTIVO DE BAIONA S.A.

Att. Responsable Protección de Datos

AVDA MONTERREAL S/N, 36300 BAIONA PONTEVEDRA

  • Ou por correo electrónico no enderezo: info@marina-baiona.com

Autoridade de control

Se desexa presentar unha reclamación en relación ao tratamento dos seus datos por parte de O TITULAR, informámoslle que pode poñerse en contacto coa Axencia Española de Protección de datos, C/ Jorge Juan, 6 28001-Madrid http://www.agpd.es

Cookies

As cookies son arquivos que se descargan no seu ordenador para recompilar información de rexistro de Internet estándar e información sobre hábitos de navegación. Esta información úsase, por exemplo para rastrexar o uso de visitantes do sitio web e recompilar informes estatísticos sobre a actividade do sitio web.

Pode configurar o seu navegador para que non acepte cookies. Non obstante, algunhas cookies de primeira parte son necesarias para permitir que a sesión do usuario do sitio web use os nosos servizos.

Para máis información, visite a Política de Cookies do sitio web.

Menores

O Usuario certifica que é maior de 14 anos e que polo tanto posúe a capacidade legal necesaria para a prestación do consentimento en canto ao tratamento dos seus datos de carácter persoal e todo iso, de conformidade co establecido na presente Política de Privacidade.

Se desexa usar os nosos servizos a través da web e ten 14 anos ou menos, necesitaremos o consentimento do seu titor legal para almacenar os seus datos, no caso que non o teñamos, poderemos proceder a bloquealo ou eliminalo.

Rexistro de actividades

Pode solicitar a través do noso enderezo de email info@marina-baiona.com unha copia actualizada do noso Rexistro de Actividades.

Seguridade

O TITULAR adopta medidas organizativas e técnicas coa finalidade de garantir a seguridade dos datos de carácter persoal e evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, habida conta do estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos aos que están expostos.

Actualizacións

Mantemos a nosa política de privacidade baixo revisión e podemos cambiala ocasionalmente (principalmente para cumprir coas prácticas legais e de protección de datos).

As versións actualizadas publicaranse na nosa páxina web.

Lexislación Aplicable e tribunais competentes

Os termos e condicións que rexen este web site, así como as relacións que puidesen derivarse están protexidas e quedan suxeitas á lexislación española. Para a resolución de calquera tipo de controversia, litixio ou discrepancia que puidese suscitarse entre o usuario e PORTO DEPORTIVO DE BAIONA S.A., polo uso deste sitio web, acórdase o sometemento das mesmas aos Xulgados e Tribunais de Pontevedra, España.